Antonio Pérez, o actual alcalde, repite como cabeza dunha candidatura que conta “coa renovación necesaria e a experiencia contrastada”
“O proxecto do PP para Xinzo de Limia ten continuidade para catro anos máis”. Así o aseguraba Antonio Pérez, actual alcalde deste concello e cabeza de lista do PP nos comicios municipais do 24 de maio, na presentación da candidatura popular o 28 de abril na Casa da Cultura de Xinzo.
Nesta liña apuntaba que hai proxectos irrenunciables como “a circunvalación de Xinzo ou a mellora da avenida de Ourense”, así como continuar mellorando os servicios municipais que se lle prestan aos veciños e veciñas da vila. E referíndose á lista que lidera indicaba que “conta coa renovación necesaria e a experiencia contrastada para gobernar dende o minuto un”. O acto contaba coa presenza do presidente do PP en Ourense, Manuel Baltar.