Eleccións Xerais 26-XEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O PP é a forza máis votada no Barco de Valdeorras no 26-X

Cunha lixeira baixada na participación se pechaban as mesas electorais na vila barquense nas eleccións xerais

Pouco despois das nove e media da noite do 26 de xuño completábase o reconto nas 18 mesas electorais do Barco de Valdeorras nas que votaron 7.295 persoas, 0,9% menos que en decembro de 2015.

Tralo escrutinio, o Partido Popular lograba 3.380 votos (352 máis que nas anteriores eleccións) mentres que o Partido Socialista sumaba 1.996 (89 menos que en decembro). En Marea lograba 1.070 votos (179 menos que nos anteriores comicios), Ciudadanos 550 e o Bloque Nacionalista Galego 85.

No conxunto da provincia de Ourense, co 96,24% do escrutinio, o PP lograba 3 diputados, o PSOE 1 e Podemos-En Marea-Anova-EU, ningún.

Na galería de imaxes podemos ver as sedes dos dous partidos máis votados no Barco de Valdeorras durante o escrutinio.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button