En portadaPolítica

O PP logra o noveno deputado autonómico en Ourense

O partido socialista quédase con dous deputados, os mesmos que En Marea, mentres o BNG mantén o escano que tiña co 90,40% escrutado
Baltar na noite electoral xunto a Rosendo Fernández e Marisol Díaz./ Foto: Carlos G. Hervella.
Baltar na noite electoral xunto a Rosendo Fernández e Marisol Díaz./ Foto: Carlos G. Hervella.

Era un dos seus obxectivos e cumpríano. O PP ourensán vén de incrementar a súa presenza no Parlamento de Galicia ao acadar nove deputados nas eleccións autonómicas do 25 de setembro. Conseguía 91.922 votos na provincia, o que supón o 53,13% dos sufraxios emitidos, co 99,40% dos sufraxios escrutados e segundo os datos da Xunta de Galicia. Estes resultados implican tamén que Valdeorras terá novamente representación na Cámara galega da man de Moisés Blanco Paradelo, quen afrontará a súa segunda lexislatura como deputado.

Por contra, o PSdeG-PSOE sufría un varapalo ao perder dous dos catro deputados cos que contaba na anterior lexislatura, sumando 30.519  votos. Se ben isto está pendente do escrutinio 100% do escrutinio, que podería modificar o seu número de escanos.

Pola súa banda, En Marea acada dous escanos no Parlamento galego con  23.793 votos. Ademais e o BNG consegue manter o deputado que tiña na anterior lexislatura, con 10.452 votos e o  6,04%  dos sufraxios emitidos.  Estes datos son co 99,40% dos votos escrutados e no caso do BNG podería haber algunha variación.

No conxunto de Galicia o PP vén de conseguir 41 deputados, e polo tanto a maioría absoluta, fronte a 14 de En Marea, 14 do PSdeG-PSOE e 6 o BNG.

Máis fotos e información:
https://osil.info/especiales/o-pp-logra-o-noveno-deputado-autonomico-en-ourense/

Artigos relacionados

Back to top button