Eleccións Xerais 26-XPolíticaÚltima hora

O PP ourensán presenta aos seus candidatos ao 26X

O obxectivo deste partido político será superar o 45 % de apoio do electorado nestes comicios xerais
Presentación das candidaturas do PP por Ourense ás eleccións xerais en San Pedro de Rocas.
Presentación das candidaturas do PP por Ourense ás eleccións xerais en San Pedro de Rocas.

O mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) convertíase en escenario na tarde do 30 de maio do acto de presentación dos candidatos do PP pola provincia de Ourense ás vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño. “O obxectivo do PP de Ourense non é outro que conseguir que os ourensáns aposten de novo por nós, superando o apoio do 45 % do electorado que alcanzamos en decembro”, aseguraba no acto o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, intervindo na presentación.
O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, intervindo na presentación.

Asemade sinalaba que, tras o apoio maioritarios dos ourensáns nos anteriores comicios, “a nosa obriga é presentar ás mesmas persoas que mereceron entón a confianza dos nosos veciños, un equipo formado por dezaoito persoas que traballarán con moito esforzo para achegar a nosa mensaxe”.

Na presentación tamén interviñan Miguel Ángel Viso e Miri Barreira, número un ao Congreso por Ourense e ao Senado, respectivamente. Para Viso, que fixo un resumo da súa breve experiencia no Congreso,vas eleccións de xuño serán unha nova oportunidade para “facer ver aos ourensáns que o PP é a única formación que lles pode ofrecer a estabilidade e garantías
necesarias para regresar ao camiño da recuperación que fomos quen de conseguir ”.

Pola súa banda, Miri Barrera dicía que as candidaturas do PP “son unha proba do compromiso e da nosa coherencia, porque aquí estamos as mesmas persoas, porque ofrecemos o mesmo proxecto e plantexamos as mesmas prioridades”.

Despois da presentación de candidaturas, o PP celebraba nese mesmo lugar senllas reunións dos comités de dirección e campaña. Os membros do comité de dirección analizaban na súa xuntanza todos os congresos celebrados en Ourense nos últimos meses, mentres que o de campaña estudaba un adianto do calendario de actos que se celebrarán do 10 ao 24 de xuño durante a campaña electoral.

Artigos relacionados

Back to top button