CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O programa “Alimentes” de Gadis premia a 600 alumnos ourensáns

 

Entre os galardóns había unha tablet ou unha cámara de fotos.

Máis de 600 alumnos de Ourense recibiron os premios que repartiu Gadis dentro do seu programa “Alimentes”. O obxectivo do mesmo era formar ao alumnado de xeito práctico e teórico sobre hábitos saudables.

O delegado de Área de Gadisa, Carlos González, fixo entrega destes agasallos (unha bicicleta, unha tablet e unha cámara de fotos) entre os estudantes dos diferentes centros educativos da cidade.

Máis de 7.000 escolares de entre 3 e 12 anos de Galicia e Castela e León formaron parte deste programa, que abrangue visitas aos Supermercados Gadis supervisadas por un educador que, de xeito práctico e ameno, orientou aos alumnos para a selección de produtos saudables, destacando tamén outros detalles relativos á cesta da compra, como as informacións das etiquetas ou as datas de caducidade.

Durante estas visitas, a compañía concede unha especial importancia ás seleccións de produto fresco, onde os alumnos reciben recomendacións para diferenciar os tipos de carne e peixe e son concienciados sobre a importancia de levar un estilo de vida activo e unha alimentación sá e equilibrada con produtos de tempada.

Dende o mes de febreiro até xuño, esta iniciativa foise complementando nas aulas con material didáctico que a compañía puxo a disposición dos docentes adaptado ao currículo oficial do segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e Castela e León.

 

Artigos relacionados

Back to top button