OurenseÚltima hora

O programa da Cruz Vermella “Inclusión Activa” formou este ano a 90 persoas

O obxectivo é promover a igualdade de oportunidades e do trato no emprego entre aqueles con máis dificultades de acceso
Un momento nun curso impartido dentro do proxecto "Inclusión Activa", da Cruz Vermella.
Un momento nun curso impartido dentro do proxecto “Inclusión Activa”, da Cruz Vermella.

A Cruz Vermella en Ourense fai balance do programa “Inclusión Activa”, unha iniciativa que, dende o ano 2000, vén formando a persoas maiores de 45 anos, en risco de exclusión social ou estraxeiras para axudarlles a encontrar un emprego. Neste ano, os cursos formaron a 90 persoas, 59 mulleres e 31 homes, dos cales preto de 40 lograron atopar un emprego.

Por outra banda, un total de 57 persoas recibiron formación nos cursos de “Operacións básicas de restaurante e bar, “Persoal auxiliar de comercio” e “Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións e/ou domicilios” e actualmente continúa un grupo de 10 persoas nun curso de “Persoal auxiliar de almacén”.

Artigos relacionados

Back to top button