ConcellosÚltima hora

O proxecto da circunvalación do Barco, moi avanzado

Estase rematando a fase de redacción deste enlace entre a N-536 e a N-120, segundo avanza o alcalde barquense
O alcalde do Barco, xunto ao edil Luis Arias, na rolda de prensa.
O alcalde do Barco, xunto ao edil Luis Arias, na rolda de prensa.

O proxecto da nova estrada de circunvalación do Barco (o enlace entre la N-536 y la N-120) vai camiño de ser unha realidade, polo menos sobre o papel. Na mañá do 10 de abril o alcalde barquense, Alfredo García, daba unha rolda de prensa acompañado polo edil Luis Arias, para informar de que se está a rematar a fase de redacción do novo vial, cuxo traxecto comezará no municipio de Carballeda e que permitirá liberar á vila do Barco do tráfico pesado.

O rexidor explicaba, tras unha reunión mantida entre o Concello barquense, os técnicos do Ministerio de Fomento e os responsables da empresa que está a redactar o proxecto, que “se van cumprir os prazos e, polo tanto, para finais de ano vai estar aprobado este proxecto, e as pretensións son que no verán saia á información pública xa. E isto conlevará non só o trazado, senón todas as parcelas afectadas polo mesmo”.

Esta nova estrada terá un percorrido de 5,6 km e incluirá tres pontes e un túnel. O alcalde sinalou asemade que se están buscando solucións para evitar que non se vexa afectada ningunha casa. “A principal vantaxe desta estrada é, por unha banda, a mellora na seguridade e, pola outra, a eliminación do tráfico de camións polo centro do pobo”, indicaba Alfredo García.

Texto e foto: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button