Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O PSOE de Vilamartín consegue a maioría absoluta

O socialista Enrique Barreiro encabeza a lista gañadora das eleccións municipais 2015
Os socialistas de Vilamartín celebrando o triunfa nas eleccións. /Foto: Mónica G. Bellver.
Os socialistas de Vilamartín celebrando o triunfa nas eleccións. /Foto: Mónica G. Bellver.

O Concello de Vilamartín de Valdeorras cambia de cor política. Con 659 votos (54,33%) o que equivale a 6 concelleiros, o PSdeG-PSOE gaña as eleccións municipais 2015. Con 267 votos (22,01%) o PP queda con 2 concelleiros mentres que A.V. logra 1 cos 216 votos (17,81%). O BNG, con 62 votos (5,11%) queda sen representación.

Nestes comicios, votaron un total de 1.224 persoas (74,36%) cunha abstención do 25,64% (422); votos nulos 11 e en blanco 9.

Unha veciña felicita ao socialista Enrique Barreiro. /Foto: Mónica G. Bellver.
Unha veciña felicita ao socialista Enrique Barreiro. /Foto: Mónica G. Bellver.

Tras coñecer os resultados o candidato socialista Enrique Barreiro compartía abrazos e sorrisos cos seus compañeiros de partido e tamén simpatizantes asegurando sentirse “anonadado”. Emocionado, Enrique aseguraba que “isto é unha gran responsabilidade e espero non defraudar a ninguén, contar co pobo e que o pobo conte comigo para o que faga falta. Aí estarei con todos”.

Artigos relacionados

Back to top button