ConcellosÚltima hora

O Pulpo do Carballiño feito escultura

O Concello instalou a primeira das tres esculturas dedicadas ao seu produto estrela na rotonda de Conde de Vallellano. As outras dúas serán colocadas proximamamente
A escultura representa un tentáculo de pulpo e unha tesoira.

O Concello do Carballiño instala a primeira das tres esculturas adicadas ao pulpo, que foron realizadas o pasado ano en setembo nun certame que se realizou ao aire libre na praza da Veracruz. A peza está situada na rotonda de Conde Vallellano, entre as rúas Celso Emilio Ferreiro e Ben Cho Sei. A peza é obra do escultor Abdón Fernández, de Berán. Trátase duna tesoira cortando unha tallada de pulpo.

As outras dúas esculturas, uns rabos cocidos e unha cabeza humana con rabos saíndo do pelo, dos escultores Alberto Fernández e Claudio Barros, respectivamente, serán colocadas próximamente noutros lugares do Carballiño.

Asemade, estúdase a posibilidade de encargar a escultura dunha pulpeira cun caldeiro de pulpo a tamaño real, que podería ubicarse nalgún lugar de Arcos. Ao respecto, o concello está elaborando un proxecto para presentarlle aos pulpeiros e pulpeiras desta parroquia co obxectivo de consensualo.

 

Artigos relacionados

Back to top button