EntrevistasÚltima hora

“O Rallye foi moi complicado e a temperatura do coche subiu moito”

Surhayen Pernía. // Foto: Carlos Asensio.

O Cántabro Surhayen Pernía conseguiu acadar o podio, na terceira posición, co seu Hyundai I120 R5. A pesares de recoñecer a dificultade do Rallye de Ourense, conseguiu puntuar para o Campionato de España. O piloto asegurou que a alta temperatura foi unha grande dificultade para desenvolver estas vodas de ouro. A día de hoxe, Pernía é un dos pilotos con maior proxección a nivel nacional.

Contento co Rallye de Ourense?

É un rallye moi complicado, estivemos intentando estar cos tempos pero tivemos problemas co coche, non paraba de aumentar a temperatura e intentamos subsistir porque foi moi duro. Estivemos facendo moitos cambios de “set up” para aproveitar os quilómetros para mellorar o rendemento ao cen por cen.

Pero non quedaches mal posicionado na táboa.

Non, pero foi moi difícil. Intentamos manter todo e correr ao máximo xa que hai que dalo todo até o último momento.

En canto aos tramos. Que tes que dicir?

Os máis complexos foron os da Peroxa e o de Castrelo, estaban bastante sucios e tiñan máis trampas. Pero o do Canón do Sil, Melias ou Esgos foron máis claros para a condución e si que o tiven máis fácil.

Levaches ben a calor?

A verdade que non tiven problema, os problemas veñen pola mecánica que subía a temperatura do coche, pero ao final sacamos todo adiante.

Artigos relacionados

Back to top button