Monográfico Entroido 2012Monográficos

O reino das Pantallas

O ciclo máis longo do Entroido, do Sábado de Petardazo ao Domingo de Piñata
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
As Pantallas son as encargadas de manter o orde e malia non desfilar, son a figura central da festa en Xinzo de Limia, o Entroido co ciclo máis longo, dende o Sábado do Petardazo (28 de xaneiro) ata o Domingo de Piñata (26 de febreiro). Case un mes de xornadas festivas nas que se intercalan as actuacións musicais, os desfiles e a festa rachada polas rúas e locais da vila.

No Entroido de Xinzo sempre destacaron citas como os Domingos Fareleiro (29 de xaneiro), Oleiro (5 de febreiro) e Corredoiro (12 de febreiro), o Martes de Entroido (21 de febreiro) e o Enterro da Sardiña (22 de febreiro), pero co paso do tempo fóronse recuperando unhas tradicións e inventándose outras novas, ata o punto de que este ano, inclúense no programa oficial do Concello algunhas actividades novas como o desfile e Colgamento do Meco, o 4 de febreiro. Ao día seguinte celébrase o Domingo Oleiro. Os mozos do pobo fan unha roda e lánzanse olas de barro cheas de fariña, auga ou lambetadas.

A noite do sábado 11 de febreiro estará especialmente adicado ás mulleres que se reunirán en restaurantes e bares da localidade. E xa o Domingo de Corredoiro (12 de febreiro) será o día no que todo o pobo se disfrace e saian as primeiras Pantallas como avance da vida e da festa que chegará uns días despois.

Durante esa xornada, hai dous momentos centrais. O primeiro ten lugar pola mañá ás 12:30h. coa “xuntanzas de Pantallas” na praza Maior. O segundo ten lugar pola tarde, ás 18:30h. coa “xuntanza de Capuchóns” (túnica tradicional con capucha que foi un dos traxes máis comúns en tempos antigos). Ao son das charangas, as parellas ataviadas cos capuchóns bailan, e entre todas sorteanse un xamón, un lacón e unhas ducias de chourizos.

Unha das grandes novidades deste ano no Entroido de Xinzo será o 1º “Batentroido”, noite de batucas e percusión, ritmos cariocas e caribeños, que se celebrará o Venres de Entroido (17 de febreiro) a partires das 21h.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Entroido de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button