OurenseÚltima hora

O Ribeiro será o principal protagonista do Enofestival de Ourense con seis adegas

Viño e música confluirán nun festival, enmarcado na programación das Festas de Ourense, no Bulevar Termal das Burgas

O vindeiro sábado 1 de xullo, a cidade das Burgas acollerá o III Enofestival de Ourense, un evento musical que se desenvolverá dentro da programación oficial das Festas de Ourense 2017, que se leva a cabo en colaboración entre a concellería de Cultura e a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.

Este festival pop-Rock, acollerá os caldos de 6 adegas do Ribeiro dentro do Bulevar Termal das Burgas. En concreto esas adegas de colleiteiros son: Sameirás, Catro Ferrados, Vilerma, Canción de Elisa, Adegas Valdavia (Cuñas Davia), Viña Carpazal.

Ademais de viño, ofertaranse bebidas sen alcol, a habilitarase unha zona gastronómica, onde degustar tapas elaboradas con produtos de proximidade, para que os asistentes poidan cear durante o evento.

Todo isto estará complementado coa música dos grupos McCarballo Band, de Ourense, os madrileños de The Limboos e Arizona Baby, de Valladolid.

As entradas para este evento teñen un custo de 6 euros en venda anticipada e de 8 euros no despacho de billetes, o mesmo día do concerto. Até o xoves 30 de xuño, poderanse adquirir de xeito anticipado en Peggi Records (rúa Samuel Eiján, 9) e no Trampitán, na Praza Maior. A venda on-line está dispoñible do portal Tiketea.com.

Esta entrada dará dereito a unha copa (para a cata de viños) e a un viño de cortesía, cos que serán obsequiados os asistentes no momento de acceder ao recinto. En adiante, os viños das distintas Enobarras terá un custo, que variarán en función de cada adega participante.

A entrada ao recinto estará prohibida para menores de 18 anos, excepto se van acompañados polos seus pais ou titores legais autorizados.

Os menores de 14 anos non pagarán entrada. Puidendo acceder ao evento nas mesmas condicións anteriormente sinaladas.

Horarios:

20h Apertura de portas.

20:30h Concerto “MCarballo Band”.

21:45h Concerto “The Limboos”.

23:00h Concerto “Arizona Baby”.

0:30h Peche do recinto.

Cartel do Enofestival.

Artigos relacionados

Back to top button