Galerías de fotosSanidade

O Servizo de Hospitalización Domiciliaria renova a súa flota de vehículos

Sete modelos Renault Clío serán os encargados de desprazar aos sanitarios para atender aos pacientes que se atopan ingresados nos seus domicilios

A Unidade de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras vén de renovar a súa frota de vehículos para o servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO). Estes sete novos vehículos adquiríronse a través dunha concesión e substituirán aos que xa se viñan empregando até o de agora que eran propiedade do Complexo Ourensán.

Na presentación de hoxe, 10 de abril, diante da porta de entrada do novo edificio de Hospitalización do CHUO, o Xerente da EOXI, Dionisio López, sinalou que estes novos vehículos están “dotados coa última tecnoloxía en sistemas de navegación, para facilitar o ao persoal sanitario a chegada a aqueles domicilios máis dispersos”, apuntou. En canto ao servizo de Hospitalización a Domicilio, López remarcou que “máis de 340.000 posibles pacientes veranse beneficiados del”, unha atención que o xerente cualificou de novidosa e que vai ser o futuro.

Pola súa banda, o xefe de HADO, Idelfonso Cejudo, probaron hoxe estes novos vehículos e todos estaban moi entusiasmados ante esta mellora de equipamento. O xefe de do servizo amosouse satisfeito. Tamén contou as características que ten o servizo que dirixe: “un total de 1.100 pacientes na provincia gozan da hospitalización a domicilio”, cifrou. Segundo o doutor, a Hospitalización a Domicilio quere dicir que o paciente está canda a súa familia, nun entorno máis cómodo “que é a súa casa”. Asemade, apuntou que este tipo de hospitalización ten unha atención máis humana e personalizada por parte dos sanitarios.

Hospital na casa

A Unidade de Hospitalización a Domicilio ten por obxectivo o mantemento dos coidados hospitalarios naqueles pacientes que, si ben xa poden ser dados de alta no hospital, aínda precisan duns coidados médicos e de enfermería especializados, que sirvan de ponte entre a atención especializada e a primaria.

A principal vantaxe deste modelo de hospitalización é que permite a recuperación do paciente nun entorno coñecido, mais saudable e favorable para a plena recuperación que o hospital, e baixo uns coidados especializados que evitan a sobrecarga de traballo ou illamento da familia ante a enfermidade do seu achegado.

Fotos e texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button