En portadaTempo de Entroidos

O SIL dalle dimensión internacional ao Entroido galego

Portada do monográfico "Entroido en Galicia", que vén de publicar a finais de xaneiro de 2016 o Periódico O SIL.

Co monográfico “Entroido en Galicia”, que vén de tener unha gran acollida, o Periódico O SIL afonda na realidade desta celebración ancestral na provincia de Ourense e noutros puntos da comunidade galega como con amplos reportaxes e información que se completan cunha serie de entrevistas que lle dan carácter internacional a este amplo traballo. Así entre os entrevistados están a antrópologa portuguesa Paula Godinho, o investigador natural de Varge (Bragança, Portugal) António P. Tiza e a poeta sueca Helena Eriksson. Tamén entrevistamos á parella de profesores franceses Ange Marie e Yvon Dupoouy, que levan anos percorrendo mascaradas europeas do Oso.

E todo isto sen deixar de recoller a voz dos auténticos artífices do Entroido ourensán e galego, que son os que permiten, co seu esforzo perpetuar e manter viva esta tradición.

Non te quedes sen este monográfico que roza as 200 páxinas. Pídeo no teu quiosco ou librería ou chámanos ao 988 34 70 12.

Artigos relacionados

Back to top button