Eleccións municipaisEn portadaPolítica

O socialista Alfredo García mantense na alcaldía barquense e reforza a súa maioría absoluta

Logra 10 concelleiros, un máis que nas municipais do 2011, mentres o PP perde un e entra na Corporación Riada Cidadá
Alfredo García, con dous compañeiros de candidatura, vendo a evolución dos resultados na sede barquense do PSdeG-PSOE./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Alfredo García, con dous compañeiros de candidatura, vendo a evolución dos resultados na sede barquense do PSdeG-PSOE./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A Corporación barquense seguirá sendo socialista. Así o decidían as urnas. As eleccións do 24 de maio non só manteñen ao fronte da alcaldía ao candidato socialista Alfredo García, no que será a súa quinta lexislatura, senón que ademais danlle un concelleiro máis, pasando dos nove do 2011 a un totan de dez. Así a candidatura do PSdeG-PSOE sumaba un total de 3.445 votos (case o 60% dos sufraxios emitidos), fronte aos 2.077 do PP (un 31,99%), que se traducen en seis concelleiros, é dicir, un menos que no 2011.

Alfredo García, rodeado por membros da súa candidatura e por compañeiros de partido, celebraba o respaldo recibido polos seus veciños e amosábase “encantado. Necesitaba moralmente que os barquenses me dixeran ánimo e para adiante. Para nós recibir este apoio ten sido o máximo xa que é máis porcentaxe de votos que hai catro anos”, confesaba. Ademais, lembraba que “esta ten sido unha lexislatura moi dura e isto puxo de manifesto que os cidadáns queren tranquilidade, queren xestión, queren que os concelleiros se dediquen a traballar polo seu pueblo e a presentar proxectos e a negociar e a pactar proxectos. Creo que isto ten sido unha lección tremenda para o PP, que debe decidir se segue pola mesma liña ou non”.

Alfredo García e Luis Arias, en primeiro termo, tras coñecerse a vitoria./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Alfredo García e Luis Arias, en primeiro termo, tras coñecerse a vitoria./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Unha das novidades destes comicios é a entrada no pleno barquense dun concelleiro de Riada Cidadá, que reunía 563 votos, mentres que o BNG, con 310 papeletas, perde o concelleiro que tiña ata o de agora.

Artigos relacionados

Back to top button