Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Street Foud quenta motores para a súa segunda noite na cidade

A Praza Bispo Cesáreo de Ourense acolleu a decenas de persoas na primeira noite do encontro de food trucks

O Street Foud xa está a quentar motores para a súa segunda noite na cidade. O encontro de food trucks que se está a desenvolver na Praza Bispo Cesáreo de Ourense está a ser todo un éxito de afluencia. Onte foron decenas e decenas as que se decidiron a cear alí, degustando hamburguesas premium, bocadillos veggies ou a mellor selección de cans quentes. Tamén hai postos de cervexa artesá e un pequeno mercadiño para os que xa veñen ceados da casa.

O Street Foud tamén crea ambiente con música en directo e actividades para os máis cativos. Así, aproveitando o bo tempo na primeira fin de semana de outono, a afluencia de xente deixouse notar dende a tardiña até ben entrada a madrugada. Hoxe, o ambiente comeza a espertar de novo, tal e como se pode ver nas imaxes, xa que a meteoroloxía segue a acompañar. Os postos estarán até mañá, domingo 25 de setembro.

Fotos: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button