ConcellosÚltima hora

O turismo das estrelas, en Trevinca

O Concello da Veiga recibe a visita de dúas técnicas para certificarse como Destino Turístico Startlight
Observación astronómica no municipio da Veiga./ Foto: Oscar Blanco Varela. Astronómo que colabora co Concello no proxecto de “Trevinca : Destino Turístico Starlight”.
Observación astronómica no municipio da Veiga./ Foto: Oscar Blanco Varela. Astronómo que colabora co Concello no proxecto de “Trevinca : Destino Turístico Starlight”.

A Veiga está a completar o proceso para converterse nun “Destino Turístico Startligh”, é dicir, nun lugar visitable con boas condicións para contemplar as estrelas e protexido de contaminación lumínica, o que o converte en apto para a realización de actividades turísticas ligadas coa astronomía.

Con motivo deste proceso de certificación, este concello valdeorrés vén de recibir a visita de auditoras da Fundación Starlight, fundación para a protección do ceo nocturno. Tratábase de Susana Maión, auditora astronómica, e Marta Sánchez, auditora da devandita fundación. “Durante tres días realizaron as medicións e valoracións correspondentes e visitaron os lugares máis sinalados do noso municipio, para así certificar a calidade do noso ceo e do noso detino”, explica o alcalde da Veiga, Juan Anta. Tamén engade que “en sucesivas reunións intercambiaron información cos distintos sectores e axentes do noso municipio: hostalaría, medio ambiente, restauración, técnicos de alumbrado, técnicos de turismo, etc.”.

No encontro mantido na Veiga tamén se contaba coa presenza de Antonio Aguarón, xefe da área provincial da Axencia de Turismo de Galicia. Esta iniciativa turística tamén conta co apoio da Deputación de Ourense, “a través da que obtivo financiación para comezar o proceso de certificación”, matiza o rexedor veigués.

Artigos relacionados

Back to top button