DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O valdeorrés Lucas Mondelo conduce á selección española ás semifinais do Eurobasket feminino

España impoñíase por 67 a 47 a Letonia e xógase o sábado a loita polas medallas ante Bélxica

A selección española suma e segue no seu camiño cara as medallas do Eurobasket feminino 2017, que se desputa na República Checa. Na tarde do 22 de xuño impoñíase con contundencia e solidez a Letonia, unha selección que sorprendía na competición ao vencer a Serbia, a vixente campiona, nos oitavos de final.

O conxunto español, dirixido polo seleccionador de orixe valdeorresa Lucas Mondelo, destacaba polo seu bo xogo e eficaz defensa, vencendo ás letonas cun marcador de 67 a 47. Deste xeito España pasa ás semifinais e loitará o sábado polas medallas fronte e Bélxica. O partido poderá seguirse por Teledeporte.

Entre o público que apoiaba nas bancadas a España había tamén membros da familia valdeorresa de Lucas Mondelo, Os Carecas, tal e como pode comprobarse nesta galería de imaxes.

Artigos relacionados

Back to top button