Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O vicepresidente da Organización Mundial de Termalismo, en Ourense

Fabio Lazzerini mpartía unha conferencia en Expourense sobre termalismo en Brasil

“Termalismo en Brasil: Particularidades, Actualidade e Pronóstico”. Ao redor desta temática xiraba a conferencia que impartía na mañá do 29 de outubro en Expourense o vicepresidente da Organización Mundial de Termalismo (OMTH) e presidente da recén constituída Asociación Latinoamericana de Termalismo, Fabio Lazzerini. Nela tracexaba a historia do termalismo nun país que “empeza a ser consciente do seu enorme potencial termal que ata hai pouco non se explotaba como recurso turístico”.

Este xeólogo apuntaba a necesidade de ampliar o concepto de “termalismo” explicando que “non é só auga. Para falar de termalismo hai que ter en conta outros factores como a riqueza patrimonial, natural, o clima e ata o propio trato da xente que habita o lugar”.

A ponencia, á que asistiron distintos representantes institucionais, universitarios e destacados profesionais do sector, foi presentada pola directora adxunta de Expourense e directora de Relacións Internacionales de Termatalia, Emma González, e polo profesor e representante do campus del Agua, José Antonio Fraiz.

Nesta conferencia Lazzerini estivo acompañado, entre outras autoridades, polo concelleiro de Termalismo de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, quen resaltaba que “Termatalia é un activo da cidade que pon enriba da mesa a oportunidade de mellorar e de crear un partenariado internacional cos principais expertos mundiais do sector, como é este caso. Que esta cita se celebre en América latina é unha gran oportunidade para Ourense”.

A visita do vicepresidente da Organización Mundial de Termalismo a Ourense xurde da súa participación na pasada edición de Termatalia Arxentina. A promoción internacional realizada por Galicia e Ourense como destinos de saúde líderes en España e Europa, levou ao presidente da OMTH a programar unha viaxe á comunidade galega que inclúe tamén un percorrido por varios centros termais.

Artigos relacionados

Back to top button