EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotos

O VII Mercaberto do Barco abre as súas portas

O comercio toma o Malecón barquense o 21 e 22 de agosto e achega ofertas, actividades musicais e lúdicas para todos os públicos

Dende prendas de vestir ata calzado, pasando por complementos e obxectos de decoración. Son algúns dos produtos que poderán mercarse ao longo dos días 21 e 22 de agosto no VII Mercaberto do Barco. Trátatase dunha mostra de oportunidades que converterá durante dous días ao Malecón barquense nun espazo comercial ao aire libre con multitude de ofertas, actividades, música e mesmo sorteos. Así o destacaba no actor inaugural deste mercado o presidente do Centro Comercial Aberto (CCA) do Barco, Ángel Álvarez, quen agradecía a colaboración dos comercios participantes no evento.

Ao seu lado, o alcalde barquense, Alfredo García, destacaba o esforzo que se fai dende o CCA para dinamizar o comercio da vila e tamén incidía na importancia e no peso que ten este sector no marco da economía do Barco e da comarca. Ademais recordaba que hai uns meses o O Barco CCA recollía un premio polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo polo traballo realizado dende esta entidade barquense durante o ano 2014. Neste senso, Alfredo García convidaba ao CCA a “seguir nesa liña”.

Este sétimo Mercaberto cuns 15 expositores, dos cales 12 serán de establecementos comerciais valdeorreses. Desta volta os participantes serán Moral Zapatería, Can-Can, Murciego, Varadero, Boutique Marina, Novedades Maribel, Mis Personajes, Fíos Moda, Ton y Son, Confecciones Elena, Perfumería-Droguería Damas Escuredo e Laurarte. E, como en anos anteriores, cóntase cun par de postos de asociacións benéficas, como é o caso dos de Asfaval e Asociación Agaela.

Ademais como actividades complementarias o Mercaberto ofrecerá un concerto do grupo Son de Vigo ás 23h. do 21 de agosto e, xa durante a tarde do día 22, obradoiros infantís no recinto feiral a partires das sete da tarde. Ao longo dos dous días sortearanse 40 vales de compra de 5 euros cada un.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Back to top button