O viño da D.O. Monterrei, o oficial na XLIX Feria del Cocido de Lalín

O seu día grande será o 19 de febreiro, cun xantar solidario no que se servirá viño das 25 adegas amparadas por esta denominación ourensá

O alcalde de Lalín, co presidente do CRDO Monterrei na sinatura do convenio de colaboración.

Por sexto ano consecutivo os viños da Denominación de Orixe Monterrei están presentes en todas as actividades promocionais previas, así como na celebración do Cocido Solidario que terá lugar o vindeiro domingo 19 de febreiro. O presidente do C.R.D.O. Monterrei, José Antonio Da Silva, e o alcalde do Concello de Lalín, Rafael Cuíña, asinaban o convenio de colaboración da XLIX Feira do Cocido, que permite que os viños de Monterrei sexan os que se sirvan oficialmente nesta cita gastronómica.

A este Cocido Solidario, unha iniciativa que substitúe ao xantar oficial e que este ano recaudará fondos para Morea (Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental), asistirá o presidente da D.O. Monterrei e nel serviranse viños das 25 bodegas que conforman esta denominación ourensá: Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, José Antonio Da Silva, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez, Boo-Rivero, Manuel Guerra, Concepción Paradela, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar e Trasdovento.

Para José Antonio Da Silva o impacto desta acción promocional é “positivo” para os viños de Monterrei, xa que “as previsións de visitantes” que manexa o Concello nestas datas, “son de máis de 4.000 comensais ao día”.

 

Cartel desta edición da mostra do Cocido de Lalín.

Por outra banda, os viños da D.O. Monterrei tamén teñen formado parte das actividades ‘Cocido en Ruta’ (unha food truck -restaurante rodante- que presentou a XLIX Feira do Cocido de Lalín polas localidades galegas de Carballo, Ribeira, Viveiro, Ponferrada, O Carballiño e Lalín, e na cidade lusa de Porto) ou no ‘Mes do Cocido’, entre outras.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR