EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O viño de Monterrei, no campionato de sumillería do CIFP pontevedrés Carlos Oroza

Terá lugar o 16 de marzo e nel participarán alumnos de trece centros de hostalaría españois, pero tamén doutros países

 

Cartel do campionato.

O viño da Denominación de Orixe Monterrei adquirirá un protagonismo especial no Campionato de Sumillería ‘Suso Domínguez’, que organizará o CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) o vindeiro 16 marzo. Esta cuarta edición do certame desenvolverase no propio centro así como no auditorio Cidade Infantil Príncipe Felipe. Nel participarán alumnos/as de 13 centros de hostalaría (9 de Galicia, 2 portugueses, 1 asturiano e 1 de Malta) que realizarán diferentes probas teórico-prácticas centradas no territorio e viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Entre as probas do campionato figura un cuestionario específico sobre a denominación e identificación de olores entre 54 aromas de Nez du Vin (no centro CIFP Carlos Oroza), así como identificación dun viño da D.O. Monterrei entre cinco referencias e unha decantación tipo aireado cun viño do territorio.

O xurado do certame terá como presidente a Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño. Del tamén formarán parte Augusto Morales, presidente dos Baristas de Galicia; José Soto, director da área de restauración del Casino A Toxa; Luis Miguel López, director técnico do C.R.D.O. Monterrei; Xosé Gontá e Martiño Santos, propietarios de Vide Vide.

Tras o campionato, farase un Túnel do Viño no que estarán presentes 22 referencias da D.O. Monterrei, que permitirán aos asistentes coñecer in situ as diferentes peculiaridades dos brancos e tintos de Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button