EconomíaEconomíaÚltima hora

O voo teledirixido aterra en Expourense esta fin de semana co “Drone International Congress”

As distintas autoridades sumáronse á inauguración do congreso.

Expourense inaugurou hoxe, 31 de marzo, Congreso Internacional de Drons (Drones International Congress) que estará no recinto até o vindeiro luns 2 de abril. Nesta primeira xornada contaron coa visita do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que estivo acompañado polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. O conselleiro destacou a enorme oportunidade que ten este congreso “un sector en constante evolución e cargado de oportunidades noutros moitos sectores paralelos”. Conde salientou a importancia do “triángulo” que traballa coordinado en Galicia e que ten tres eixos: “Ourense, co grao en Enxeñaría Aeroespacial e empresas do sector aeronáutico punteiras, Vigo co Centro de Innovación Aeroespacial e, finalmente, o proxecto de Rozas, xa en marcha coa presenza de Indra e Inaer”. O Conselleiro salientou que esta actuación coordinada, xunto coa Universidade e os Centros Tecnolóxicos, “están conseguindo un posicionamento claro de Galicia en vangarda deste sector con enorme potencial, que creará emprego de calidade vencelledao ao talento e innovación”.

Nesta xornada inaugural, desenvolvéronse 3 mesas redondas. Os poñentes estiveron arroupados polas autoridades locais, provinciais e autonómicas. A mesa inaugural estivo presidida polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Nesas mesas redondas falouse de temas como a lexislación, seguridade ou aplicacións profesionais.

Nesta xornada inaugural houbo tres mesas redondas con expertos.

 

Artigos relacionados

Back to top button