CulturaCulturaÚltima hora

O X concurso fotográfico do IEV xa ten gañadores

O xurado outorgou o 1º premio ao conxunto de 3 imaxes sobre “Arquitectura Tradicional” de Jorge Vidal Pacios
Unha das fotografías premiadas na anterior edición do concurso fotográfico.

Na tarde do 14 de febreiro, Día de San Valentín, o xurado do concurso fotográfico “Manuel Blanco Pascual” outorgaba os premios desta X edición na que participaron 15 concursantes con 43 fotografías.

O 1º premio, dotado con 300 euros é para Jorge Vidal Pacios, polo conxunto de tres fotografías sobre “Arquitectura Tradicional”; o 2º premio, dotado con 200 euros é para Margarita Rodríguez Blanco polas fotografías “Cazoletas y Canalillos” e “Industria e Natureza”; e o 3º premio, dotado con 150 euros é para Beatriz García Martínez polas imaxes “La matanza del cerdo en Seadur”.

O xurado concedeu asemade dous accésit dotados cun trofeo: un a María Elena Blanco Gayoso polas fotografías “Igrexa de San Miguel”, “Ponte da Cigarrosa” e “Ponte de Portomourismo”; e outro a Álvaro Rodríguez Pérez polas imaxes “Igrexa de Petín”, “Igrexa de Fontei (A Rúa) e Igrexa de Santa María”.

Todos os premiados recirán asemade un diploma. A exposición abrirase en breve nos salóns do Casino, no Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button