CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O X Festival Internacional da Máscara Ibérica cobra vida no centro de Lisboa

Un dos días centrais deste evento será o sábado 9 de maio cun desfile de enmascarados no que participarán sete Entroidos galegos

O programa do X Festival Internacional da Máscara Ibérica (FIMI) poñíase en marcha o 7 de maio e prolongarase ata o vindeiro día 10 deste mes en Lisboa. O seu centro neurálxico é a praça do Rossio, onde está instalada a Mostra das Regiões e tamén o “Palco Ibérico”, cuxa primeira actuación será do do grupo español Stolen Notes o día 8 ás dez da noite. Ademais ese mesmo día pola tarde o ambiente no Rossio estaba animado pola saída dos Sidros asturianos.

Un dos días grandes deste evento cultural internacional, que promove Progestur en colaboración coa Egeac, será o 9 de maio. Pola tarde, a partires das catro e media celebrarase o X Desfile Máscara Ibérica con máis de 600 participantes que representarán unhas trinta festa de inverno da peninsula. Entre elas están sete Entroidos galegos: os folións de Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, as Pantallas de Xinzo, as Bonitas de Sande (Cartelle), os Troteiros de Bande e os Volantes de Santiago de Arriba (Chantada).

O traxecto do desfile partirá da praça do Municipio e concluirá no Rossio.

Fotos: Carlos G. Hevella.

Artigos relacionados

Back to top button