SanidadeÚltima hora

O xerente provincial do Sergas, no Hospital de Verín

Achegábase ata o centro hospitalario na mañá do 10 de marzo e mantiña unha reunión cos seus profesionais
Dionisio López Bellido, durante a súa visita ao Hospital de Verín.

Continúa a rolda de visitas do novo responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco, Dionisio López Bellido. Tras achegarse o 9 de marzo ata o Hospital Comarcal Valdeorras, na mañá do día 10 desprazábase ata o Hospital de Verín para manter unha primeira toma de contacto cos seus profesionais e coñecer de primeira man a súas necesidades.

Durante a visita López Bellido amosáballes a súa disposición e vontade diálogo para abordar entre todos as necesidades de cada área cun obxectivo de “integración e xenerosidade” que permita ofertar a tódolos pacientes de Ourense os mesmos servizos sanitarios públicos, indistintamente do seu lugar de residencia ou hospital de referencia, traballando por establecer unha carteira de servizos comúns pensando en clave de provincia.

Entre seus primeiros proxectos, Bellido destacou que iniciará xa os contactos cos profesionais para a posta en marcha dunha Unidade de Hospitalización a Domicilio, coas mesmas prestacións e carteira de servizos que a que xa funciona en Ourense, para o que será clave ter en conta a experiencia desenvolvida desde Verín de Coidados Paliativos e a coordinación de área.

Artigos relacionados

Back to top button