OurenseÚltima hora

O xuíz desestima a petición do SERGAS de empregar o centro de saúde do Couto sen licenza de ocupación

 Fóra da orde da Xunta de Goberno Local falouse da promoción de Ourense no salón turístico FITUR en Madrid
Edificio do Concello de Ourense.

A sala do Contencioso administrativo emitiu un auto no que denega ao SERGAS a posibilidade de utilizar o centro de saúde de O Couto sen a pertinente licenza de ocupación, unha petición que a administración autonómica fixo tras a nulidade de devandita licenza por parte do Concello. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que dito auto “non é firme e contra el poderase interpoñer un recurso de apelación”.

Por outra banda, fóra da orde do día, Jesús Vázquez anunciou que o Concello de Ourense acudirá a Madrid a vindeira semana para promover a cidade na Feira Internacional de Turismo “FITUR”. En concreto, o vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 13:30 horas “presentaremos actos innovadores e chamativos para difundir a imaxe turística de Ourense e posicionar a nosa cidade como un destino perfecto para escapadas”, en palabras do rexedor municipal.

Dentro do marco de FITUR, o Concello aproveitará para difundir a campaña “Ourense, un plan perfecto” entre os empresarios da capital, así como para manter contactos orientados á captación de novos visitantes. Asemade, tamén se falará das posibilidades de paquetes turísticos, incinido os trens especiais que percorren Galicia. Por outra banda, outra das cousas que promoverán nesta cita en Madrid son os eventos que converten a Ourense “no centro de recepción de profesionais”, é o caso de Termatalia e o salón gastronómico internacional Xantar, presentacións ás que tamén acudirán representantes do Concello de Ourense “co gallo de posicionar a cidade como destino de congresos”, explicou Vázquez.

Outro dos temas tratados na Xunga de Goberno Local de hoxe foi a corrección do prego para contratar o Servizo de Limpeza de Edificios Municipais. O alcalde explicou que foi “unha cifra no número de persoal a subrogar na vindeira concesión”.

No eido dos Asuntos Sociais, a Xunta de Goberno informou do proxecto Anxela no que está a colaborar o Concello de Ourense, destinado a mulleres embarazadas e nais recentes (con fillos de ata 3 anos de idade) en circunstancias difíciles ou de especial vulnerabilidade. No programa, que está a desenvolver a asociación RedMadre en colaboración co consistorio ourensán, participan 20 mulleres xunto ás súas parellas e fillos, e ten unha duración de tres meses prorrogables a outros tres.

Unha educadora social, unha psicóloga e cinco voluntarios son o persoal adicado a este apoio ás nais. En canto aos medios materiais, están a colaborar o Banco de Alimentos, ou a Rede de Farmacias Colaboradoras que doan cueiros

Por outra banda, a través do proxecto ReChupete recóllense enseres para nenos pequenos doados por familias e no que participan voluntarios da Asociación APES, internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e a asociación RedMadre, que os entrega ás nais. Logo da recollida de datos e creación do historial, determínanse as necesidades materiais e temporízanse as achegas precisas e avalíase mensualmente a evolución da situación persoal das usuarias.

Artigos relacionados

Back to top button