CulturaCultura

A obra do director colombiano Juan Soto, analizada no marco do FIC Vía XIV

O ciclo inclúe a proxección das súas curtametraxes e un debate no que participou o propio cineasta
Juan Soto, e os profesores universitarios colombianos Laura Correa-Montoya e Juan Osorio-Villegas.

A II edición do Festival Internacional de Curtos de Verín ( FIC) Vía XIV que arrancaba o pasado venres, conta entre as actividades paralelas, cun ciclo adicado ao cineasta colombiano Juan Soto, que inclúe a exhibición das súas curtametraxes e un debate sobre as mesmas.

A obra de Soto susténtase no desprazamento, pois toda ela foi creada fóra do seu país de nacemento en viaxes, residencias no estranxeiro, visitas a familiares, percorridos por festivais e regresos ocasionais a Colombia. No seu traballo, “as fronteiras entre o documental, o cinema doméstico, o relato de viaxes e o diario íntimo quedan expostas e por conseguinte transgredidas”, explican dende o FIC. O Foco Juan Soto consta de dúas xornadas e a primeira, que tiña lugar na tarde do 5 de decembro no Auditorio, contou coa participación do propio cineasta e dous profesores universitarios colombianos Laura Correa-Montoya e Juan Osorio-Villegas que disertaron sobre “o rexistro íntimo como xesto político”. Dentro desta temática proxectaranse e debaterán os seguintes traballos de Soto: Neve (2012 – 29’26”), Violeta (2014 – 4’14”), In memoriam Chris Marker (2012 – 3’38”) e The Day Maggie Thatcher Died (2013 – 5’28”).

Ademais dos debates, obradoiros e foros, o FIC continúa coa proxección das curtas que optan a concurso e hoxe 19 pertencentes ás categorías Nova (9), Outra Mirada (5) e Horizontes (5). Na categoría Nova, exhibiranse I like girls, de Diane Obomsawin (Canadá. 2016. 8´); A Femme Canon, de Albertine Zullo e David Toutevoix (Canadá. 2017. 14´); Copa – Tola, de Christos Massalas (Grecia. 2017.14´); She´ s beyond me, de Toru Takano (Xapón. 2017. 42’); Kapitalistis, de Pablo Muñoz Gómez (Bélxica. 2017. 15´); A voz perdida, de Marcelo Martinessi (Paraguai. 2016. 11´); Os desherdados, de Laura Ferrés (España. 2017. 18´); A gentle night, de Qiu Yang (China, Francia. 2017. 15´); e Why is dificult to make films in Kurdistan, de Ebru Avci (Turquía. 2017. 30´).

Dentro da categoría Outra Mirada, adicada ao Entroido no seu máis amplo sentido, proxectaranse: Whipping Zombie, de Yuri Ancarani (Italia. 2017. 30´); O becerro pintado, de David Pantaleón (España. 2017. 10´); Can Negro, de Tomas Faiman (Arxentina. 2016. 14´); A Bouche, de Camilo Restrepo (Francia. 2017. 19´); Explosion ma baby, de Pauline Curnier Jardin (Holanda, Francia. 2016. 9´).

A categoría Horizontes incide na idea do horizonte como liña imaxinaria e invisible e contará coas seguintes proxeccións: Meryem, de Reber Dosky (Holanda. 2017. 16´); Greetings from Aleppo, de Issa Touma, Thomas Vroege, Floor van der Meulen (Holanda, Siria. 2017. 17´); Borders, de Damjan Kozole (Eslovenia. 2016. 10´); Girls and honey, de Pieter-Jan De Pue (Bélxica, Ucraína. 2016. 8´); e Tshweesh, de Feyrouz Serhal (Qatar- Líbano, Alemaña, España. 2017. 27´).

Ademais, esta noite, ás 22:15h. no Auditorio, celebrarase a segunda xornada do ciclo Nouvelle Vague. No marco do mesmo, poderase ver a película Ascenseur pour l’ échafaud, Louis Malle, (1957. 90′), que será presentada polos críticos de cinema Nicolas Azalbert e Víctor Paz.

 

Artigos relacionados

Back to top button