CulturaÚltima hora

A obra sobre o xénero, de Ángel Pantoja, no Centro Cultural Marcos Valcárcel

A exposición de bustos estará aberta do 29 de novembro ao 14 de xaneiro de 2018
Unha das obras de Ángel Pantoja.

Baixo o título “Descrenzas de Xénero” se expón, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, unha curiosa colección de pezas do artista sevillano Ángel Pantoja, que procura unha estética entre o kitsch desenfadado, o barroquismo dixital e o surrealismo onírico.

Os bustos son unha colección de esculturas do imaxinario de Pantoja, cos que pon de manifesto cuestións de xénero tales como a confrontación do feminino e o masculino, mesturando elementos historicamente asociados a un dos xéneros binarios. Así vemos como a dozura e fraxilidade das musas e venus non é compatible coa valentía ou a heroicidade que se presume dos emperadores ou filósofos da Grecia e da Roma clásica, que sempre eran homes, como case todos os que ostentan o poder aínda hoxe en día.

Ademáis, con estas imaxes escultóricas Pantoja destaca a fraxilidade da identidade masculina, aparentemente férrea e impenetrable, que a pouco que se retoque transfórmase nun chiste de si mesmo.

A mostra está enmarcado no Outono Fotográfico e permanerá aberta na Sala II do 29 de novembro ao 14 de xaneiro de 2018.

Artigos relacionados

Back to top button