CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Obradoiro de doces de Nadal na Casa dos Poetas de Celanova

En tres sesións, os cativos aprenderán a facer doces tradicionais da man do cociñeiro Martín Álvarez

A Casa dos Poetas en Celanova acolle un ano máis un obradoiro de doces de Nadal organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello, en colaboración coa Asociación Cultural As Ortigas.

O curso consta de tres sesións que se desenvolven na Casa dos Poetas de 16:30 a 18 horas. A primeira sesión tiña lugar o sábado 3 de decembro, e as seguintes serán o día 10 e o día 17.

Baixo a supervisión do cociñeiro Martín Álvarez, os rapaces aprenderán a realizar doces típicos destas datas como turrón de lacasitos, de lambetadas ou de conguitos, polvoróns, guirlache… ademais doutros doces como os suspiros, cake pops, biscoitos ou noces garrapiñadas. O último día será para os pasteis recheos de mousse de turrón, trufas e figuriñas de mazapán.

Artigos relacionados

Back to top button