CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Obradoiro de instrumentos tradicionais galegos no colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco

Os alumnos de 1º e 2º de Primaria do centro barquense traballan no proxecto “Sente Galicia”

Inspirados no lema “Sente Galicia, a nosa terra!” os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria do colexio pluringue Divina Pastora do Barco de Valdeorras, traballaron nun proxecto de aula “moi motivador, lúdico e cheo de novas experiencias”, aseguran dende o centro.

Baseándose no traballo cooperativo, nas distintas dinámicas dentro e fóra da aula e tendo en conta as intelixencias múltiples, os alumnos desfrutaron aprendendo xeografía, folclore, gastronomía, xogos populares e literatura galega.

O broche ao proxecto foi a parte práctica sobre o aprendido, a través de creativos obradoiros: de elaboración dun faro, saco de bolillos ou instrumentos musicais galegos (na galería de imaxes).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button