EconomíaEconomíaÚltima hora

Obras de mellora nas piscinas municipais de Manzaneda

Estanse a realizar a través dun programa mixto de emprego e formación de Galicia do cal este Concello é beneficiario

O Concello de Manzaneda está a executar obras de mellora do predio (céspede) da piscina exterior de uso colectivo municipal. Esta actuación realízase, segundo indica dende esta administración local, ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este programa mixto de emprego e formación está dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil. No caso concreto da actuación de Manzaneda o obxectivo é mellorar o predio da piscina municipal primeiro, aumentando notoriamente os metros cuadrados de céspede, segundo, cambiando a totalidade do céspede actual (moi dañado agora mesmo) e terceiro, mellorar o peche perimetral.

Con esta subvención, o Concello de Manzaneda, cuxo alcalde é Félix Domínguez, aforrará máis dun 60% do gasto desta mellora e tan só terá que aportar 9500€ para tal fin.

Artigos relacionados

Back to top button