En portadaÚltima hora

A odisea de viaxar a diario de Valdeorras a Ourense

A liña continua pintada dende hai uns meses a partir do concello de Sober e ata a cidade supón incrementar en, cando mínimo un cuarto de hora, o traxecto ata a capital da provincia

Cada día son multitude as persoas de Valdeorras que collen os seus vehículos, tanto turismos como vehículos pesados, para dirixirse cara Ourense. Sen embargo a conexión de Valdeorras por estrada coa capital da provincia e con outras cidades galegas non resulta nada doada. Ao lamentable estado que presenta o firme desta estrada (con asfalto deteriorado, badenes ou fochancas), súmase o feito de que a partir do tramo entre o concello de Sober e a cidade de Ourense é case imposible realizar adiantamentos, ao existir liña continúa. Isto supón na práctica, detrás dun camión, se vaian formando longas colas e que a viaxe ata Ourense chegue a durar hora e media ou máis dende O Barco, por poñer un exemplo.

Esta situación complica e limita moito a comunicación de Valdeorras coa súa capital administrativa, así como con outras cidades como Vigo, por cuxo porto sae a lousa cara a exportación. Esta cuestión plantexábase nas mocións aprobadas polos Concellos do Barco e da Rúa, hai uns meses. No texto da moción instábase ao goberno central a que no devandito tramo da estrada “se poida dotar á N-120 de espazos seguros de adiantamento tanto nun sentido coma no outro, a unhas distancias non maiores ás que se atopa o terceiro carril nos tramos nos que este se habilitou”. Por agora estas demandas, realizadas tamén por empresarios e pola sociedade en xeral seguen sen ter resposta da Administración.

Artigos relacionados

Back to top button