CulturaÚltima hora

A ópera-rock “The Rebel”, no Auditorio de Ourense

Será o vindeiro 25 de outubro e as entradas terán un prezo de 15 euros, a favor da Asociación Renacer
Cartel do espectáculo.
Cartel do espectáculo.

O Auditorio de Ourense acolle o vindeiro 25 de outubro o espectáculo “The Rebel” (“O Rebelde”), unha ópera-rock creada por Iván e Miguel Caride que recolle a historia sobre o alzamento de Pascua en Irlanda. A cita será ás 20:30 horas. Os interesados en asistir deberán adquirir as entradas, que terán un custe de 15 euros. A recadación será doada á Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense, Renacer.

Artigos relacionados

Back to top button