Os agricultores e gandeiros do oriente ourensán, contra as cordas pola seca

Dende o Periódico O Sil pídese ás persoas afectadas pola seca que nos envíen fotografías sobre as consecuencias da falta de auga para publicalas na nosa web e amosar así a situación que se vive na zona

 

Ovellas no municipio de Vilariño. Zona cero da seca.

 

Imaxe da Gudiña. Zona cero da seca.

 

Vacas no Bolo. Zona cero da seca.

 

Imaxe do municipio do Bolo. Zona cero da seca.

 

Ovellas no concello de Vilariño de Conso. Zona cero da seca.

 

Aspecto actual do encoro do Bao, en Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Fotografía tomada en Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

 

Punto de auga para defensa contra incendios en Caldesiños (Viana do Bolo). Zona cero da seca.

 

Vacas en Viana do Bolo.

 

Imaxe tomada no municipio do Bolo. Zona cero da seca.

 

Gandería en Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Ovellas na Gudiña. Zona cero da seca.

 

Imaxe da Mezquita.

 

Transporte de auga para as vacas en Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Municipio de Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Municipio de Viana do Bolo.

 

Municipio de Viana do Bolo.

 

Encoro do Bao Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Gandería na Mezquita.

 

Explotación gandeira na Veiga. Zona cero da seca.

 

Detalle do encoro de Prada, na Veiga.

 

Encoro da Veiga.

 

Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Imaxe de Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Ovellas no municipio de Viana do Bolo. Zona cero da seca.

 

Gandería na Veiga. Zona cero da seca.

 

Un veciño de San Mamede (Viana do Bolo) regando os seus castiñeiros para evitar que se perdan pola seca./ Foto: Carlos G. Hervella.

Encoros a uns niveis mínimos, praderías amarelas, ríos e regatos case sen curso… Son moitos os meses que leva sen chover de xeito normal na parte oriental da provincia e un dos sectores directamente afectados por esa falta de auga é o agrogandeiro. Tras un inverno relativamente seco, viña unha primavera seca e calurosa e un verán tamén sen chuvias.

Así o reflexan os datos de Meteogalicia, que no seu último informe climatolóxico por estación, relativo á primavera do 2017, destaca que “as zonas con menor precipitación respecto ao valor climatolóxico sitúanse na provincia de Ourense, concretamente nas comarcas situadas na metade leste e tamén no Courel”.

Despois dunha primavera marcada polas xeadas, agora á situación dos agricultores, gandeiros e apicultores da parte oriental da provincia empeora pola seca. Situación que os pon contra as cordas ante a proximidade do inverno e persistencia da seca, multiplicando os seus custes. Ante isto mobilizábanse de novo o pasado 7 de setembro pedindo solucións por parte da Administración para paliar a grave situación que atravesan e que está pondo en perigo as súas explotacións.

“A seca está acabando con nós, temos que estarlle dando de beber aos animais con esas cisternas, temos que estarlle levando comida, e queremos que a Administración deixe de botar as costas para nós e que polo menos veñan a ver o problema que temos porque unha cousa é contalo e outra cousa é vivilo cada día”, asegura a gandeira vianesa María Páez. “Agora mesmo estamos utilizando as reservas do inverno, nós collemos un terzo da produción que tiñamos que recoller e non sabemos o que vai pasar no inverno. Como estea outro mes máis sen chover non sei que lle faremos ao gando. Isto non é un negocio que podes pechar a dicir diminúo custos, eu os animais non podo deixarlles de dar de comen, comen todos os días e beben todos os días”, engade esta produtora.

O mesmo sucede coa apicultura e ata con producións como o castiñeiro, en especial nas zonas de montaña. E, como mostra, esta imaxe na que Jaime, un veciño de San Mamede (Viana), rega os seus castiñeiros para evitar que se perdan por mor da falta de auga. Son moitas as persoas do oriente ourensán afectadas por esta persistente situación de seca. Por iso, dende o Periódico O Sil convidámolas a que nos envíen fotografías para publicar na web na que se reflexe esa falta de auga e as consecuencias que está tendo. Poden enviarnos as súas imaxes ao correo redaccion@osil.info.

 

Primeira das imaxes recibidas polos lectores sobre a seca. Leva por título “Zona cero da sequía” e está tomada no municipio de Viana do Bolo.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies