EconomíaEconomíaÚltima hora

Os agricultores limiáns recibirán máis información sobre a couza da pataca por parte da Xunta

Xuntanza entre a directora xeral, Belén do Campo e o deputado popular Carlos Gómez coa técnica da asociación de empresarios gandeiros e agricultores da Limia. 

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse esta tarde co deputado popular Carlos Gómez Salgado, que estivo acompañado por unha técnica da asociación de empresarios gandeiros e agricultores da Limia (Adegal).

Nesta xuntanza de traballo abordaron cuestións de actualidade e de especial interese para os agricultores da Limia. En concreto, a directora comprometeuse a celebrar proximamente unha xuntanza informativa sobre a praga da couza guatemalteca da pataca con representantes desta asociación e con produtores da comarca, a maiores das reunións previstas con representantes da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, tamén na Limia.

A directora xeral e o deputado autonómico coincidiron en trasladar unha mensaxe de tranquilidade sobre as garantías que existen para a comercialización e o consumo de pataca galega, que non están afectadas por este problema, localizado no norte de Galicia e en zonas fundamentalmente de autoconsumo. Estiveron de acordo, ademais, en valorar as accións informativas e de control levadas a cabo pola Consellería, así como a elevada profesionalidade dos pataqueiros da Limia á hora controlar a súa produción.

Artigos relacionados

Back to top button