PolíticaÚltima hora

Os alcaldes socialistas de Valdeorras pedirán a declaración de zona de emerxencias tras as xeadas e a pedra

Participantes na xuntanza.

 

Un día despois da intensa treboada e saraibada caída en varios concellos valdeorreses, os alcaldes e portavoces do PSdeG-PSOE desta comarca mantiñan unha xuntanza na sede do partido no Barco. Nela estaban representados os rexedores do Barco, Vilamartín e Petín, e os voceiros de Rubiá, O Barco, A Rua, O Bolo e A Veiga.

No encontro acordaban solicitar “a declaración de zona de emerxencia (catastrófica) para a totalidade das hectáreas de terreo cultivable que se viron afectadas polas xeadas de hai dez días e o pedrisco caído na tormenta rexistrada este martes en varios municipios da zona. A petición presentarase ante o Consello Regulador de Denominación de Orixe Valdeorras, a Xunta de Galicia e o goberno central”, tal e como explicaban nun comunicado emitido o 11 de maio-

A situación creada é, segundo indicaron os alcaldes e portavoces socialistas da comarca, “moi grave, e xerará cuantiosas perdas na agricultura da comarca, sobre todo no sector vitivinícola, polo que se fai necesaria a declaración de zona de emerxencia para tratar de conseguir axudas e actuacións que palíen as graves perdas xeradas por estes fenómenos naturais”, tal e como sinalaban na nota de prensa.

A petición tamén se trasladará aos concellos por medio de mocións, que se presentarán para a súa aprobación nos plenos de todos os municipios da comarca, e cuxos acordos se trasladarán ao Consello Regulador, á Xunta de Galicia e ó Goberno central.

 

Artigos relacionados

Back to top button