CulturaEducaciónÚltima hora

Os alumnos do colexio Maristas de Ourense aprenderon como se fai o plástico dos automóbiles no Polígono de San Cibrao

Os mozos e mozas tamén puideron imprimir figuras a través da tecnoloxía dunha impresora 3D
Logo visitaron a empresa Inplasor, onde viron como se facía o plástico para as carrocerías dos coches.

O programa Eduemprende Atrévete, levado a cabo pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, recibiu hoxe, no polígono ourensán, a medio centenar de alumnos do colexio Plurilingüe Santa María, Maristas de Ourense.

A xornada iniciouse nas instalacións da Asociación de Empresarios, onde os alumnos puideron coñecer a importancia empresarial e a magnitude do Polígono de San Cibrao das Viñas, primer polo industrial da provincia de Ourense.

A continuación, os participantes nesta actividade foron recibidos pola xerente da empresa Inplasor Galicia S.L., Alicia Martía Gómez. A firma asentada en este polígono mostrou aos alumnos os sistemas de fabricación dos compoñentes plásticos dun automóbil. A empresa, que está a incorporar nos seus procesos de produción na impresión 3D, mostrou tamén aos visitantes como se utiliza esta nova tecnoloxía. O momento máis entretido para os visitantes foi, sen dúbida, cando lles tocou a eles probar como funcionan estas impresoras. Ao finalizar a sesión, a empresa deu a cada alumno un chaveiro feito alí cunha impresora 3D.

Artigos relacionados

Back to top button