CulturaEconomíaEconomíaEducaciónÚltima horaViticultura

Os alumnos dos centros de Vilamarín e Manuel Antonio de Vigo visitaron o territorio da D.O. Monterrei

O alumnado e os profesores puideron aprender o proceso de elaboración do viño a través da visita a diferentes adegas da zona
Foto de grupo dos alumnos de Vilamarín e Manuel Antonio de Vigo na entrada da sede do Consello Regulador
Foto de grupo dos alumnos de Vilamarín de Ourense e Manuel Antonio de Vigo na entrada da sede do Consello Regulador. 

A Denominación de Orixe Monterrei convidou onte ao medio centenar de alumnos dos centros educativos de Secundaria e Formación Profesional, Vilamaín de Ourense e Manuel Antonio de Vigo a coñecer a zona que produce os viños desta Denominación de Orixe ourensá.

Ao longo da xornada, os alumnos e profesores participaron nun programa de actividades entre as que se fixo unha presentación sobre a chegada da vide a Galicia e unha ruta polos lugares rupestres de Oímbra. A continuación, fixeron unha visita á sede do Consello Regulador, onde foro recibidos polo presidente do propio organismo, José Antonio Da Silva, e onde o director técnico, Lusi Miguel López efectuou unha presentación das peculiaridades do territorio e os viños de Monterrei. Tamén visitaron catro adegas da denominación (Quinta do Buble S.L., Alba Albar S.L, Grgalo S.L. e Franco Basalo S.L.U.), para coñecer o proceso de elaboración do viño.

Esta acción é a terceira, de carácter formativo, que fan dende o Consello Regulador para escolas ao longo do ano.

Artigos relacionados

Back to top button