OurenseÚltima hora

Os Amigos da Vía da Plata celebran os 30 anos deste camiño como Itinerario Cultural Europeo

Vázquez Portomeñe impartiu un relatorio na CEO sobre os actos que conmemoran esta trintena

O Camiño de Santiago está de celebración. Este ano conmemora o 30 aniversario da Declaración deste percorrido como o primeiro Itinerario Cultural Europeo, un distintivo que outorga o Consello de Europa a aquelas rutas e traxectos cuxos valores e riquezas merecen unha catalogación especial para protexelos, pór en valor a súa riqueza patrimonial e cultural, e difundilos mediante programas de cooperación e actuacións conxuntas. O 23 e outubro de 1987 o Camiño de Santiago inauguraba esta lista que na actualidade recoñece un total de 31 Itinerarios Culturais Europeos.

Aproveitando esta efeméride, dende a Xunta e distintos organismos culturais estanse levando a cabo actos para lembrar este distintivo. En Ourense, a Asociación Cultural de Amigos Vía da Plata Camiño Mozárabe quere sumarse a esta celebración e por iso organizaron hoxe, 9 de novembro, un relatorio no que contaron con Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, gran impulsor deste camiño nos anos 90 dende os distintos cargos oficiais que desempeñou no Goberno galego.

Portomeñe falou da súa experiencia neste ámbito e o que para Galicia supuxo esta catalogación, ademais da Evolución do Camiño nestas 3 décadas. O acto contou coa presenza de diferentes personalidades políticas e civís ourensás.

Fotos: Carlos Asensio. 

Artigos relacionados

Back to top button