Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os arquitectos de Galicia premian catro proxectos ourensáns co galardón “Gran de area”

O acto de entrega de galardóns tivo lugar no Liceo de Ourense e nel concorreron a delegación ourensá do Colexio, a de Pontevedra e a de Vigo

Catro proxéctos ourensáns recibiron foron galardoados co premio “Gran de Area de aportación á Arquitectura 2017”, un galardón que entregan, cada ano, as delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia.

O acto de entrega de premios tivo lugar hoxe, 20 de outubro, no Liceo de Ourense. O acto foi presidido polo decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, e polos presidentes das delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo, Alberto de Paula, Manuel Abelleira e Antonio Davila, respectivamente.

Neste evento tamén estiveron presentes diferentes personalidades políticas como a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama.

Estes galardóns son unha aposta da entidade colexial nas provincias do sur de Galicia como recoñecemento ao traballo dos arquitectos colexiados, promotores, construtores e aparelladores pola súa labor en equipo destinado a obter unha obra arquitectónica de calidade na demarcación. Nesta edición presentáronse 58 proxectos (18 na provincia de Ourense, 19 na de Pontevedra e 21 na demarcación da delegación de Vigo).

Os proxectos ourensáns gañadores son os seguintes:

Xeadería “Bico de Xeado” (Ourense capital) elaborado polos arquitectos Andrea Fernández, Juan Ignacio Prieto López e Faustino Patiño.

“Casa da Viña” (Allariz), elaborado polo arquitecto Juan Seara Oro.

“Remodelación de Vivenda na Lonia” (Ourense capital), que ten como autor ao arquitecto Manuel Jorreto.

“Centro de día de maiores de Leiro” (Ourense capital), elaborado polos arquitectos Estefanía Vázquez e Roi Feijóo.

Artigos relacionados

Back to top button