Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os Beléns de Mª Carmen Núñez de Rubiá xa están no Bispado de Ourense

Máis dun centenar de Beléns, a meirande parte deles da colección de Mª Carmen Núñez de Rubiá, están expostos no Bispado de Ourense. Esta tradicional exposición de Beléns do Mundo, que cada ano organiza a Diocese ourensá, xunta representacións do nacemento do neno Xesús procedentes dos cinco continentes. Asemade, os materiais dos que están feitos pasan por ósos, la, xabón, madeira, barro, arxila, metais…

O acto de inauguración tivo lugar na mañá de hoxe, 12 de decembro, á que acudiu o propio Bispo de Ourense, Bernardo Lemos, así como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e diferentes membros do Goberno municipal. O acto estivo amenizado polo son da frauta doce e as voces do alumnado de 6º de Primaria do Colexio Franciscanas, que cantaron dúas panxoliñas antes de que o Bispo dese a súa bendición a exposición.

Máis información sobre a Exposición de Beléns do Mundo do Bispado de Ourense no vindeiro especial de Nadal do Xornal O Sil.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button