ConcellosOurense

“Os Bolechas” e Cruz Vermella percorren Galicia

A campaña informativa sobre o acollemento familiar chegará a Ourense o 22 de xullo
Presentación da  campaña  "Os Bolechas familia acolledora"-
Presentación da campaña “Os Bolechas familia acolledora”-

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e a presidenta de Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro, presentaban na mañá do 18 de xullo, a campaña-xira “Os Bolechas familia acolledora”, que percorrerá Galicia para dar a coñecer de forma lúdica o acollemento familiar no seu espectácular bus de dous pisos.

En horario de 12 a 15h e de 17 a 21h. o programa protagonizado polos personaxes creados por Pepe Carreiro que forman a familia dos Bolechas, incluirá obradoiros, animación á lectura, contacontos, audiovisuais, sorteos, multimedia…

O 21 de xullo Os Bolechas e os monitores estarán no campo da Compañía de Monforte de Lemos; o 22 achegaranse ata o parque Barbaña de Ourense; o 23 na zona pernil do Calvario en Vigo; o 28 na praza do Concello de Burela; o 29 na praza de Esther Pita en Oleiros; o 30 na praza de Galicia de Boiro; e o 31 na explanada do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button