O Domingo Gordo, 7 de febreiro, será un dos días centrais do Entroido de Vilariño de Conso. Folións dos diferentes pobos do municipio daranse cita en Vilariño para participar nun desfile que sairá ás 12h. dende a parte alta do pobo e que, tras pasar pola praza, se dirixirá cara as proximidades do colexio.
Antes, ás 11:30h. terá lugar o acto da lectura do pregón, que correrá a cargo do actor ourensán Rubén Riós. De seguido será o turno dos bombos e aixadas, xunto cos saltos dos Boteiros.