Galerías de fotosÚltima hora

Os centros do Sergas de Ourense participan no Outono Fotográfico

As fotos do Concurso Fotográfico da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense estarán expostas na cidade,en Verín e no Barco

Dende hoxe, venres 28 de novembro, os centros de saúde e hospitais do Servizo Galego de Saúde en Ourense acollerán, a mostra fotográfica dos traballos presentados ao “IV Concurso Fotográfico da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras” que unha edición máis intégrase na programación do Outono Fotográfico.

O concurso, dirixido a tódolos traballadores do Sergas de Ourense, está destinado á captación de fondos gráficos para a súa edición con fins expositivos e de humanización dos espazos comúns dos centros do Servizo Galego de Saúde en Ourense, mediante a súa impresión en distintos formatos para decorar espazos. Así coma en publicacións propias como dípticos, manuais, programas, carteis, na intranet, entorno web, ou en cantos traballos de edición se realizan, non sendo cedidas a terceiros.

Ademais deste obxectivo principal de humanización e captación de fondos gráficos, esta iniciativa procura tamén dar difusión e promover o uso da intranet por parte dos traballadores, situando a esta como marco principal do concurso e do sistema de votacións a premio.

O primeiro foi para a foto presentada por Francisco Moreno, facultativo do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e o segundo para a de Laura Lozano, MIR de Medicina Familiar e Comunitaria.

En total, nesta edición presentáronse 120 fotografías de autores pertencentes a práctica totalidade de categorías profesionais e centros, do C.H. Universitario de Ourense, dos Centros de Saúde da provincia, do Hospital Comarcal de Valdeorras, e do Hospital de Verín.

No acto de entrega de premios e inauguración da exposición, ao que tamén asistiu Xose Luis Vázquez, coordinador do Outono Fotográfico, a responsable da Xerencia, Eloína Núñez destacou “a participación dos profesionais nesta iniciativa, que ten por obxectivo final humanizar o entorno sanitario, facendo mais amables os espazos cotiás tanto para os usuarios e visitantes como para os profesionais”.

Artigos relacionados

Back to top button