A sede da Confederación Empresarial de Ourense, na Praza das Damas, acolleu este mediodía a sinatura dun convenio entre a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro e o grupo Coreti, que se converte no seu proveedor oficial. En representación dos colleiteiros estivo rubricando o documento Brais Iglesias, como presidente do colectivo, e por parte da empresa etiquetadora acudiu o seu director comercial, David Sande. Tras este acto, ambos representantes participaron conxuntamente nunha degustación de viño do Ribeiro.