EconomíaEconomíaÚltima hora

Os comerciantes ourensáns aprenden sobre comercio electrónico

A Federación Galega de Comercio organizou hoxe, 9 de outubro, en Ourense un Obradoiro de Innovación, renovación e consolidación comercial, en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Nesta xornada os comerciantes ourensáns coñeceron os diferentes aspectos relacionados coas vantaxes da dixitalización do comercio e seguridade na rede e comercio electrónico a través dos relatores Álvaro Fontenla, de Raiola Networks; e José Nogueira de Sistemius. Neste relatorio tamén estiveron a presidente da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez; e o seu homólogo da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button