CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os contos de animais e homes de “A galiña azul” fanse teatro no Barco

Esta peza, adaptada polo grupo Ubú Teatro, representarase no Teatro Lauro Olmo o día 17 de marzo ás oito da tarde

 

Cartel da obra “A galiña azul”.

Historias fantásticas, onde os humanos comparten protagonismo cos animais. Singulares e mesmo entrañables. Así son os contos de “A galiña azul”, un libro escrito polo autor ourensán Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e que o grupo Ubú Teatro vén de adaptar para o teatro. Esta peza representarase no Teatro Lauro Olmo do Barco o vindeiro 17 de marzo a partires das 20h.

Esta obra teatral estará interpretada por Ana Carreira e Manu Porto e ten una duración de 45 minutos. Nela escenifícanse cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, empréganse diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown. “Trátase do primeiro dos actos das Letras Galegas no Barco”, indican dende o departamento de Cultura do Concello.

Ademais, baixo xestión de Editorial Galaxia, “A galiña azul” chegará esta primavera a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Así FalaRedes 2017 ábrese cunha actividade que busca a promoción do galego e ademais constitúe unha homenaxe ao autor homenaxeado pola Real Academia nas Letras Galegas.

Artigos relacionados

Back to top button