DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os deportistas retaron ao mal tempo en Trives

O 4 de outubro tiña lugar a IV andaina, a II BTT e o I cross organizado polo Concello

Correndo, andando ou en bicicleta de montaña. Eran as tres posibilidades que tiñan os deportistas que na mañá do domingo 4 de outubro retaron ao mal tempo para participar na triple proba organizada polo Concello de A Pobra de Trives.

Tal como aseguran dende a organización, a previsión de participación era moito máis alta só uns días antes cun tempo máis que agradable, pero o día da proba amenceu chuvioso e con forte vento, botando para atrás a moitos interesados.

Con todo, os máis valentes tomaban a saída na Finca da Barreira pasadas as nove e cuarto da mañá. Os primeiros eran os participantes na carreira BTT cuns 36 quilómetros por diante, atravesando a vila e percorrendo soutos e fermosas paraxes da montaña antes de rematar de novo no punto de partida.

Uns minutos despois tomaban a saída os corredores cun percorrido de 18 quilómetros. O primeiro en cruzar a liña de meta foi Javier Vieites Manso, seguido por Javier González Pascual e Miguel Ortiz Domínguez. Tamén foron 18 os quilómetros percorridos polos participantes na andaina, os últimos en saír.

Tralo esforzo, a xornada deportiva en A Pobra de Trives remataba cun xantar nas instalacións de Santa Leonor.

Fotos cedidas polo Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button