DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os deportistas do Salvour, entre os mellores da liga galega de salvamento e socorrismo

Silvia Fernández, Andrea Bello e Marco Salvadores no podio da terceira xornada da liga en augas abertas

Con cinco deportistas (trala baixa de última hora de Ángela Oliveira por problemas de saúde) participaba o Club Salvamento Acuático Salvour, na terceira xornada da liga galega en augas abertas de Salvamento e Socorrismo deportivo celebrada este sábado na praia de Laxe (A Coruña). Unha xornada que se saldou con dous primeiros postos, nas probas de Carreira con Táboa de Salvamento e Bandeira, e un terceiro na Carreira con Esquí de Salvamento.

A júnior Andrea Bello Armada volveu conseguir o primeiro posto en Bandeiras que xa lograra na primeira xornada de liga, e o cuarto en Carreira con Táboa de Salvamento. Na categoría xuvenil, Silvia Quintela conseguiu o 15º posto en Bandeiras, quedando ás portas da final na proba de Carreira con Táboa. En absoluto, Alejandro Lorenzo Gómez debutou na proba de Bandeiras logrando o 8º posto, mentres que Marco Salvadores Acero obtiña o posto 10º; en Carrera con Esquí Marco, era terceiro. E con respecto á categoría máster -45, Silvia Fernández foi a dominadora en Carreira con Táboa.

Fotos: Club Salvour.

 

Artigos relacionados

Back to top button